Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
na xornada do domingo

O árbitro chega bébedo a un partido de Segunda Autonómica

Xogaban o Sporting Estrada e o Sigüeiro, e os seus delegados tiveron que botar man dos teléfonos para procurar outro colexiado, xa que o que lles mandaran non podía asubiar.

Redacción - 13:30 24/11/2008

Bébedo e andando aos tombos, presentouse o colexiado asignado para o partido do Grupo 5 da Segunda Autonómica, que enfrontaba, no campo de Figueroa, aos locais do Sporting Estrada e aos visitantes do Sigüeiro, a primeiras horas da tarde do domingo. Os delegados, vendo o seu estado de embriaguez, tiveron mesmo que convencelo de que non asubiase, segundo conta na súa sección de Deportes o xornal Faro de Vigo.

A seguir, cando xa o tiñan medio convencido, os delegados botaron man dos teléfonos móbiles para chamar á delegación na procura doutro árbitro, que chegase canto antes. Mentres andaban ao teléfono, o colexiado, que aínda andaba bamboleándose, abandonou o campo -contan algunhas testemuñas, que guiando o seu propio automóbil-, deixando tras de si unha bolsa de deportes que aínda está gardada nas instalacións de Figueiroa.

Tamén sinalan dende Faro que "todos os implicados no acontecido coincidían en cualificar o acto como increíbel", e tanto os directivos do Sporting como os do Sigüeiro reclamáronlle á Federación Galega de Fútbol, unha mellor selección arbitral para as categorías autonómicas.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: