En Galiza cada vez se crean menos inmobiliarias e construtoras. Na disolución de empresas do sector, estamos seis puntos por riba da media estatal.
Galiza rexistrou este ano o maior descenso na creación de empresas inmobiliarias e construtoras dende o ano 2005, cunha caída do 51% e do 33%, respectivamente, segundo o Estudo Radar do sector, que realiza a empresa Axesor.
Deste xeito, o noso país está no cuarto lugar entre as Comunidades do Estado Español que experimentaron un maior reaxuste na constitución de empresas do sector inmobiliario, por detrás da Rioxa, Canarias e Castela e León. No sector da construción estamos no onceavo posto.
Por riba da media estatal na disolución de construtoras
Por outra parte, Galiza sitúase seis puntos porcentuais por riba da media do Estado Español en canto a disolución de empresas do sector da construción (un 12% fronte ao 6% do Estado). En 2007 disolvéronse 102 construtoras no noso país, e no que vai de ano foron 114 as que se deron de baixa.
En canto a disolución de empresas inmobiliarias, Galiza está no cuarto posto, cun 10% de dos peches. Por diante aínda están Euskadi, Estremadura e Cantabria.