Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise económica

O grupo financeiro interesado en adquirir a concesión da AP-9 anuncia despedimentos

A entidade estadounidense Citigroup, a segunda do país, planea recortar 53 mil empregos en seis meses.

Redacción - 19:45 17/11/2008
Citigroup é a segunda entidade de EUA

Citigroup é a segunda entidade de EUA

O grupo financeiro estadounidense Citigroup, que estes días ultima a adquisición de Itínere -filial de concesións do grupo Sacyr Vallehermoso propietaria da autopista AP-9- anunciou este luns que planea eliminar 53 mil empregos, informa a canle de televisión CNBC. Argumentan que as dificultades económicas e crediticias mundiais lle provocaron as maiores perdas da súa historia.

Estes despedimentos súmanse aos preto de 23 mil eliminados polo segundo maior banco de Estados Unidos entre xaneiro e setembro. O obxectivo é reducir o número de traballadores global deica os 300 mil, un 20% menos que a finais de 2007. Algúns analistas cren que non será rendíbel antes de 2010.

As accións de Citigroup descenderon un 68% en 2008, que deixa o seu valor de mercado en 51.900 millóns de dólares, algo máis do dobre dos 25.000 millóns de dólares de capital que recibiu do plan de rescate bancario impulsado por George Bush.

Dende a Consellaría de Política Territorial aseguran que "sexa quen sexa" o propietario da concesión da AP-9 nos vindeiros anos, o único seguro é que hai un "compromiso de ampliación" da mesma, polo cal a Xunta ha de velar.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: