Aínda así o PIB leva medrado no que vai de ano un 1,6%, sete décimas máis cá media española.
O indicador avanzado do PIB galego correspondente ao terceiro trimestre do ano revela que a nosa economía leva medrado no que vai de ano un 1,6%, sete décimas máis cá media do Estado Español. Porén, os datos do Instituto Galego de Estatística tamén mostra unha evidente ralentización xa que no terceiro trimestre (xullo a setembro) o incremento foi de só unha décima.
Aínda que os datos non revelan unha recesión económica en Galiza, o certo é que a ralentización pode dar vindeiros trimestres negativos, tal e como xa está a suceder a nivel estatal e en gran parte da zona euro. A Xunta ten estimado que o ano se peche cun medre dun 2%.