Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO OUTRO LADO ESTÁ IEMEN

Noruega lidera a listaxe de países que máis traballan a prol da igualdade de sexos

O informe anual do Foro Económico Mundial dálle ao Estado Español o 17º posto en materia de igualdade, nunha listaxe liderada polos países nórdicos.

Redacción - 14:30 12/11/2008

As nacións nórdicas son as que máis favorecen a paridade de xénero no ensino, o emprego, a saúde e na política, segundo un estudo de 130 países recompilado polo Foro Económico Mundial (WEF). Pola contra, as mulleres musulmás son as que sofren máis discriminación por razón de xénero en todo o mundo. Até aquí, os datos son os agardados, mais unha análise máis pormenorizada depáranos outras estatísticas como o aumento da fenda en materia de saúde, que incrementa as diferenzas entre homes e mulleres a nivel mundial.

Comparación entre países
A listaxe está encabezada por Noruega, seguida de Finlandia, Suecia (quen lideraba a relación hai só un ano) e Islandia. Mentres,  o Estado Español (17), Alemaña (11), ou o Reino Unido (13) caeron postos sobre a última análise. De feito, a sociedade española baixou dende o décimo posto até o décimo sétimo, un descenso motivado fundamentalmente pola diferenza salarial para traballos similares. Con todo, o informe valora positivamente a porcentaxe de mulleres que ocupan cargos de responsabilidade gobernamental, variábel na que ocupa o sexto lugar a nivel mundial.

Mentres, os Países Baixos (9), Letonia (10), Sri Lnaka (12) ou Francia (15) subiron postos nesta clasificación, demostrando a redución de diferenzas en diversos ámbitos. Por outra parte, os países que ocupan os últimos lugares son Pakistán (127), Arabia Saudí (128), Chad (129) e Iemen (130).

A máis igualdade, máis competitividade
O Foro di que a presenza de máis mulleres na parte superior das institucións financeiras e gobernamentais é "vital" para atopar solucións á crise económica. Neste sentido, o presidente, Klaus Schwab, subliñou a súa importancia para evitar caer neste tipo de crises tamén no futuro. Ademais, destaca que "o noso traballo pon de manifesto unha forte correlación entre a competitividade e a brecha entre os xéneros", é dicir, "aqueles países que non aproveitan plenamente a metade dos seus recursos humanos corren o risco de socavar o seu potencial competitivo".


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: