O principal concello estratéxico en xogo, Managua, levaría ao poder local o ex boxeador Alexis Argüello, candidato da Frente Sandinista de Liberación Nacional.
Son cifras ofrecidas con apenas o 8% do escrutinio realizado, que sitúan no caso de Managua ao candidato da Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN), Alexis Argüello, con arredor de catorce puntos porcentuais por diante do principal candidato da oposición, Eduardo Montealegre, á fronte do Partido Liberal Constitucionalista (PLC). Atrás, a Alianza Liberal Nicaragüense (ALN) e Partido Resistencia Nicaragüense (PRN) quedan de momento por baixo do 1% do voto.
No total do país, o escrutinio apenas completou o 10% dos votos nos 146 municipios, e o Consello Supremo Electoral (CSE) irá facendo actualizacións periódicas dos datos nas próximas horas. Noutras áreas importantes: en Chinandega, no occidente nicaraguano, o FSLN tamén lidera o reconto, aínda máis claramente que en Managua, co 69,5% dos votos. E en Estelí, tamén cidade importante, o partido do actual presidente acada o 56,8%, neste caso con xa o 25% das mesas escrutadas.
Nos xornais locais: