Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS NOS EUA

Planeta Obama ou imperio McCain?

Consultamos con diversos colaboradores de Vieiros sobre a xornada. Coinciden en agoirar a posíbel existencia de voto oculto e confían malia todo en que mellore a política exterior estadounidense.

M. del Río - 09:00 04/11/2008

Todo parece indicar que Barack Obama será o próximo presidente dos Estados Unidos de América. Índícano así todas as enquisas e estudos, ademais das primeiras votacións por adiantado. A decisión final téñena este martes os cidadáns estadounidenses.

Porén, segue a existir a posibilidade de que o voto oculto, de cidadáns que non queren confesar que votarán polo candidato republicano, John McCain, por medo a seren tachados de racistas, acabe por igualar moito o resultado final, se non darlle a volta. É un dos datos nos que reparan en Galiza algunhas voces consultadas por Vieiros.

No que se refire ás consecuencias que traerá consigo que os EUA teñan como presidente o demócrata Obama, existe un certo escepticismo. Aínda que a meirande parte dos opinadores consideran que haberá un cambio con respecto á era Bush, de máis apertura e loita contra as desigualdades sociais, tamén pensan que a estrutura política estadounidense non é moi proclive aos cambios bruscos. En calquera caso, coinciden en que o próximo presidente dos Estados Unidos terá que asumir que rematou o tempo do unilateralismo e do monopolio norteamericano e que hai que ter en conta, nun escenario multilateral, a Europa e Asia.

Rebeca Baceiredo, Licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e premio Ramón Piñeiro de Ensaio: "Non creo que vaia haber un cambio. Hai unha estrutura de poder estabelecida"



Eduardo Rego, profesor titular de Socioloxía na Universidade da Coruña: "A herdanza da era Bush pode obrigar a que Obama tome medidas impopulares"



Xulio Ríos, director do IGADI e do Observatorio da Política Chinesa: "Creo que a vitoria de Obama sifnifica o fin da hexemonía conservadora nos EUA"



Ana Miranda, membro do Consello Nacional do BNG e vicepresidenta da Alianza Libre Europea: "As votacións electrónicas e o voto branco obreiro poden facer unha viraxe no resultado"


5/5 (3 votos)