Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACADA MÁIS APOIOS ENTRE OS INTERNAUTAS

Nas eleccións do ciberespazo, Obama gaña a McCain

A popularidade do candidato demócrata entre os máis novos e a habilidade dos seus estrategas de campaña para usar as novas tecnoloxías permitirían a Barack Obama facerse coa vitoria nunhas virtuais eleccións no ciberespacio.

Redacción - 13:21 07/10/2008
McCain e Obama vense as caras tamén en Internet

McCain e Obama vense as caras tamén en Internet

Fronte ás habilidades tecnolóxicas do equipo de Obama, está a confesión de John McCain, que recoñeceu que non sabe utilizar un ordenador.

Ámbolos dous candidatos á presidencia dos Estados Unidos utilizaron internet para facerse con fondos para as súas campañas, unha loita polo financiamento que tamén gañou Obama, conseguindo decenas de millóns de dólares máis que McCain.

Segundo o Instituto de Finanzas de Campañas, Obama non usa a rede só para recadar fondos, senón que tamén o fai para convocar a un exército de voluntarios. E todo grazas ao seu sitio de socialización en liña mybarackobama.com, onde a xente pode reunirse.

A rede social de Facebook é outro dos "campos de batalla" dos dous candidatos, de tal maneira que Obama faise coa vitoria virtual ao conseguir 1,9 millóns de partidarios, fronte aos 550.000 de McCain.

Noutra popular web, MySpace, o candidato republicano só reúne 150.000 seguidores, fronte aos 650.000 do demócrata e nos boletíns informativos de Twitter Obama ten suscritos 91.000 simpatizantes, mentres que McCain ten que se conformar con 2.100.

No entanto, os analistas avisan de que malia que os partidarios de Obama sexan máis activos en Internet, iso non quere dicir que todos eles vaian votar o vindeiro 4 de novembro.

FWWWRANDO


4/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: