Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CINEUROPA 2008

Comeza o mes do cinema en Compostela

'A noite que deixou de chover' abre un festival que exhibirá 250 títulos cunha grande atención para o cinema galego e homenaxes a Jaime Rosales e Pablo Trapero.

Redacción - 19:30 03/11/2008

24 filmes na sección oficial, ciclos de documentais sobre a memoria (Documentos: Memoria e presente), cinema do surlesta asiático (Mundo Asia), ciencia-ficción (Fantastic Compostela), documentais de música (Doc: Music) cinema arxentino (Conexión Bós Aires), unha retrospectiva de Olivier Assayas, e como novidade nesta edición unha nova sección dedicada integramente ao cinema galego, titulado Panorama Galiza. En total son case 250 filmes, un novo récord para o festival, que tamén amplía os seus espazos de proxección, que nesta ocasión son cinco: Teatro Principal, Salón Teatro, Aula de Cultura Caixa Galicia, CGAC e a sede da SGAE.

Cineuropa homenaxeará nesta edición dous directores: o Jaime Rosales e o arxentino Pablo Trapero, que recibirán en Santiago de Compostela os Premios de Cineuropa 2008, en senllas galas que tenrán lugar, respectivamente, o 15 de novembro, coa proxección da polémica Tiro na testa, e o 19 de novembro, con Leonera. O festival abrirase este martes ás nove da noite, coa proxección de A noite que deixou de chover, filmada en Santiago e dirixida polo compostelán Alfonso Zarauza, e que contará coa presenza do director do filme, e dos seus dous protagonistas, Luís Tosar e Nora Tschirner.

Outra das novidades será a inclusión da sección Panorama Galiza, cun cento de filmes galegos recentes, e cuxa entrada será de balde. Dentro deste ciclo, poderemos asistir á estrea abosoluta de Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) e Manuel e Elisa (o trinta) (Manuel Fernández Valdés, 2007).

"Festival de festivais"
Cineuropa, definido unha vez máis este luns polos seus responsábeis, como "festival de festivais", fai honor a este nome, recollendo na súa programación boa parte dos filmes que triunfaron nos máis importantes certames do ano. Por exemplo, do palmarés de Cannes chegan a gañadora da Palma de Ouro Entre les murs (Laurent Cantet, 2008), así como a do Grande Premio do Xurado: Gomorra (Matteo Garrone, 2008), e a do premio ao mellor director Nure Bilge Ceylan por Üç maymun / Three monkey (2008). Dende Donostia chegan a gañadora da Cuncha de Ouro, Pandoranin Kutusu / Pandora´s Vox (Yesim Ustaoglu, 2008), que tamén recibiu o premio da Cuncha de Prata á mellor actriz. Así mesmo, poderemos asistir ao premio ao mellor director, que foi para Michael Winterbottom por Xénova (2008) e ao Premio Especial do xurado que recaeu na­­ iraniana, Asbe du-pa / Two legged horse (Samira Makhmalbaf, 2008). Tamén da pasada edición da Berlinale chegarános o premio ao mellor guión, Zuo Yuo / In Love We Trust (Xiaoshuai Wang, 2007).

Este ano Cineuropa contará coa presenza de varios dos autores dos filmes no festival para o seu contacto co público compostelán, así como para favorecer a troca de impresións e o debate despois do visionado das súas obras. Alén das figuras premiadas cos Premios Cineuropa, contaremos cos portugueses Tiago Guedes e Federico Serra (Entre os dedos), con Helena Taberna (La buena nueva), Juan Vicente Córdoba (Flores de luna), Rogelio G. Abraldes (Buzos haciendo Surf, Un documental sobre Surfing Bichos), Oriol Porta (Hollywood contra Franco) ou o chileno José Luis Torres Leiva (El cielo, la tierra, la lluvia).

E o tradicional Maratón? Desta vez estará centrado na carne, con filmes como Peeping Tom, Shortbus, Addiction ou Supervixens. Será o día 3 de decembro, e pechará o festival


Ligazóns

4,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: