Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En bicicleta

O coruñés Xoán Xosé Sancosmed queda subcampión estatal de orientación

É membro do clube Gallaecia Raid, que compite a nivel nacional e estatal. A pesar de que lle roubaron a bici, o galego puido completar o percorrido da proba con éxito.

Redacción - 10:36 21/10/2008
Logo do clube Gallaecia Raid

Logo do clube Gallaecia Raid

Era a quinta proba da Liga Estatal de Orientación en Bicicleta, nas modalidades de Longa e Media Distancia, pero tamén era un percorrido válido para a Carreira Media do Campionato Estatal na categoría sénior A, na que compite o coruñés Xoán Xosé Sancosmed, co clube Gallaecia Raid.

A pesar de que lle roubaron a bicicleta, grazas ao esforzo dos seus compañeiros, conseguiu adaptar unha das bicicletas do clube para participar na proba desenvolvida esta fin de semana na localidade andaluza de Aznalcáraz. Mais, aínda con esta desvantaxe, conseguiu colocarse de segundo na carreira, e tamén na clasificación xeral do campionato estatal.

A orientación
A orientación é un deporte multidisciplinar destinado a probar a capacidade de se orientar dun deportista nun determinado percorrido, de xeito correcto e no menor tempo posíbel. Cando se pasa dunha disciplina (carreira a pé) a varias á vez (bicicleta de montaña -BTT-, canoa, cabalo, escalada...) a orientación pasa a denominarse raid de aventura, deporte que ten outros compoñentes e que está destinado a probar a capacidade de resistencia e de supervivencia de equipos en plena autonomía.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: