A USC e mailo Concello de Ames presentan esta proba que se vai disputar na praia fluvial de Tapia na fin de semana.
A Universidade de Santiago e o Concello de Ames organizan o I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura e o I Raid Popular Praia de Tapia, que se vai disputar nesta praia o sábado 2 de xuño.
O Raid de Aventura é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, navegación e supervivencia de equipos en completa autonomía. Os equipos deben completar un extenso percorrido de orientación no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atopen no seu paso sen valerse de axuda externa nin de medios motorizados.
Unha etapa de case 8 horas de carreira, practicando varias disciplinas
Só hai unha etapa neste primeiro campionato, tipo sprint en bucles, é dicir, correndo pero pasando por varios puntos marcados por balizas. A carreira terá unha duración inferiro ás 8 horas e cun só punto de saída e chegada en todas as categorías. A xornada comezará na mañá do sábado, ás 8:45 horas coa recepción e recollida de documentación, e, após unha reunión técnica, sairase en masa sobre as 9:30 horas.
Pode participar todo o mundo, a partir dos 16 anos, e o menores de idade con autorización familiar. É imprescindíbel saber nadar, e ter licenza de raid para competición. Os corredores que non a teñen recibirán unha de proba para esta competición.
As equipas estarán formadas por dous copmpañeiros, independentemento do sexo, e deberá estar conformada por membros da comunidade universitaria galega.
Toda a información está na web da Área de Deportes da USC.