Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Almunia alerta dunha segunda vaga da crise

ING perde un 27% en Bolsa

O banco, que conta con case dous millóns de clientes non Estado Español, leva perdido un 73% dos seu valor no que vai de ano.

Redacción - 11:53 18/10/2008

Os "rumores" que fixeron que os títulos do maior banco de Holanda esbarrelasen facían referencia a unha posíbel intervención de rescate do Estado, que inxectaría fondos para paliar problemas de liquidez de ING. O banco gardou silencio durante case todo o día, pero ao agravarse o desplome bursátil, fixo público un comunicado oficial no que recoñecía que no terceiro trimestre entrara en perdas, cun resultado negativo de 500 millóns de euros.

ING é a novena entidade financieira de España en depósitos, con 1.7 millóns de clientes. Os telefonistas do servizo de atención ao cliente de ING Direct non paraban de atender chamadas de depositantes preocupados pola seguridade dos seus aforros. Os empregados de ING lembraban a "solidez financieira e a liquidez do banco", e informaban de que o Fondo de Garantía de Depósitos holandés, ao que está suxeito, elevou até 100.000 euros a cantidad garantida por titular.

Por outra banda, o comisario europeo de Asuntos Económicos e Monetarios, Joaquín Almunia, alertou do risco dunha caída da actividade económica non financieira: "haberá menos crecemento e menos emprego e haberá que enfrontarse a unha segunda vaga negativa sobre a actividade financieira".


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: