Logo de reunirse cos responsábeis de Caixa Galicia e Caixanova, o conselleiro de Economía volveu inistir nas “solvencia e liquidez” das entidades de aforro.
Os dous máximos responsábeis de Caixa Galicia e Caixanova, Xosé Luís Méndez e Xulio Fernández Gayoso, consideran que as medidas adoptadas pola Xunta contra a crise son positivas para combater a falta de liquidez empresarial. As valoracións fixéronas logo de xuntarse co conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio.
Fernández Gayosa considera que as axudas para o financiamento que se articularán por medio do Igape van axudarlle moito ás pemes, que son “o núcleo principal da economía galega”. Neste aspecto, o conselleiro sostén que a ampliación a 500 millóns de euros dos avais da Xunta son precisamente para financiar empresas.
Fernández Antonio lembrou que a crise ten unha orixe finaceira e máis particularmente que naceu en EUA. Por iso, sinalou que é fundamental estimular este sector. Aínda así, seguindo as mensaxes tranquilizadoras do goberno español, o conselleiro sostén que os bancos e caixas teñen “un plus de solvencia e liquidez”.