Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ÁBRESE O PRAZO

Industria subvenciona computadores con Linux para autónomos

Dende este xoves, pódense solicitar os equipos nas tendas que colaboran coa consellaría. Deberán levar instalado software libre.

Redacción - 09:00 09/10/2008

Dende este xoves, os traballadores autónomos de Galiza poden pedir axudas para a adquisición de computadores, que concederá a Consellaría de Innovación e Industria. A subvención vai destinada á compra dun ordenador, portátil ou de sobremesa, que debe levar instalado o sistema operativo Linux e os aplicativos de software libre OpenOffice e Mozilla Firefox.A subvención, convocada pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, está limitada a autónomos que non se dediquen ao comercio retallista, para os que xa existe unha liña de axudas específica. A axuda non cobre a compra de licenzas de software nin de periféricos. Cubrirá até o 45% do prezo, cun máximo de 350 euros por solicitante.Para acceder á liña de axudas haberá que acudir aos proveedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras da campaña. A listaxe publicouse no DOG do mércores 8 de outubro.O prazo de solicitude das axudas estará vixente durante o ano 2009, até esgotar o crédito total consignado polo Goberno, de 659.400 € no ano 2008 e 999.950 € no 2009.


4,31/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: