A serie regresou á BBC adaptada ao século XXI, aínda que os seus antigos admiradores critican as novidades.
A BBC estreou unha nova versión da mítica serie infantil de comezos dos anos 80, Postman Pat, traducida na Galega como O carteiro Pat, e que moitos lembrarán. Porén, aínda que conserva a estética daquela e o aspecto de bonecos animados, a súa posta ao día non parece satisfacer os afeccionados británicos que vían o programa na súa primeira xeira.
O 'novo' carteiro xa foi criticado en numerosos blogs do Reino Unido por ser demasiado 'enerxético' e xa o compararon con James Bond: camiña moito máis rápido, ten un helicóptero, unha moto con sidecar (para o gato Jess), un teléfono móbil e mesmo pega chimpos para rescatar a súa mascota. Ademais, remata cada episodio cun "misión cumprida".
A serie, aínda que ten unha típica ambientación británica, é producida por unha compañía estadounidense, que xa a emite tamén con éxito ao outro lado do Atlántico.