Un radar rexistrou a velocidade do C4 oficial do edil vigués cando este circulaba po avenida que leva ao aeroporto.
O Citroën C4 no que viaxa Abel Caballero foi cachado por un radar circulando a 120 quilómetros por hora, nunha zona limitada a 50. Agora o Concello terá que identificar ao condutor do vehículo para que o xulgado encargado tome as decisións que considere oportunas. O feito de superar en 70 quilómetros por hora a velocidade permitida nesta zona podería ser penado cun período de tres a catro meses na cadea.
O incidente produciuse na avenida que leva ao aeroporto, unha das vías con máis tráfico da cidade viguesa. A mellora da seguridade nas estradas é un punto de capital importancia para todas as administracións e tamén para o Concello de Vigo, que tivo entre as súas últimas medidas a instalación de novos resaltes redutores de velocidade, ou o aumento do número de cámaras encargadas de vixiar o tráfico.