Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Euskal Herria

En liberdade sen cargos todos os membros de Batasuna detidos no Iparralde

Logo de tres días de rexistro minucioso da sede da formación en Baiona, a Policía non atopou nada que xustificase as detencións.

Redacción - 11:35 27/09/2008

Os 14 dirixentes e membros de Batasuna detidos esta cuarta feira en Baiona e nos seus arredores (Iparralde, Euskal Herria) foron postos en liberdade sen cargos, incluído Xabi Larralde, portavoz da formación, segundo informou este sábado a organización Askatasuna.

A maior parte dos detidos foran liberados nos dous días seguintes á súa detención e os cinco que ficaban presos saíron ceibos entre as últimas horas do venres e na madrugada do sábado.

Os catorce membros de Batasuna foron detidos o mércores nunha operación policial no marco de dúas investigacións da Xustiza francesa. A primeira, preliminar, sobre supostas transferencias de fondos do Partido Comunista das Terras Vascas (EHAK) a dirixentes de Batasuna no Iparralde; a segunda, sobre a explosión en xuño de 2006 nun complexo hoteleiro en Bidarrai.

Durante tres días consecutivos levouse a cabo un rexistro minucioso da sede de Batasuna en Baiona, sen que atopar nada que xustificase a detención dos dirixentes da organización, ilegal no Estado español mais non no francés, onde ten status de asociación. Todo apunta a que París, ao igual que Madrid, busca ilegalizar a formación.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: