O ministro de Economía, Peer Steinbrück, sinala que a intervención dos poderes públicos evitou de momento o colapso.
“O mundo non vai ser igual logo desta crise”, afirmou este xoves o ministro alemán de Economía, Peer Steinbrück. O alto cargo vaticinou diante do Bundestag que EUA vai perder a curto prazo “o seu estatus como gran potencia do sistema financeiro internacional”.
Steinbrück lanzou mensaxes para tranquilizar a unha cidadanía que “non debe ter medo a perder os aforros”. A este respecto sinalou que as medidas dos bancos centrais están a funcionar contra a grave crise e que isto está a evitar o colapso. Porén, o ministro tampouco escondeu que a crise vai ter repercusións sociais. Así, prognosticou un aumento considerábel do paro nos vindeiros meses.