Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Siniestralidade laboral

Un mariñeiro de Bueu morre afogado na illa de Ons

É o segundo accidente laboral en poucas horas, logo de que este luns falecese un obreiro portugués nas obras da autovía Ferrol–Vilalba.

Redacción - 12:55 23/09/2008

O mariñeiro apareceu afogado na noite do luns, nas proximidades do peirao da Illa de Ons. Traballaba coas nasas na pequena embarcación Mira e ve, con base no porto de Bueu (O Morrazo).

O seu corpo foi localizado por outros mariñeiros flotando ao pé dunha das escaleiras de acceso ao porto, polo que se sospeita que puido esbarar antes de caer á auga cando se dirixía a cear á Illa de Ons, logo de botar as nasas a primeira hora da noite. O cadáver estivo arredor de catro horas sobre o peirao, á espera de que o xuíz de garda autorizase o traslado do seu corpo até Bueu.

Este é o segundo sinistro laboral rexistrado en Galiza en poucas horas. Na xornada do luns, un traballador de nacionalidade portuguesa que traballaba nas obras da autovía Ferrol–Vilalba (AG–64), morreu ao ser esmagado por unha formigoneira. O operario traballaba para a empresa Cana, con sede nas Pontes, subcontratada para a realización das obras.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: