Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Traballo autoriza o ERE de Ferlosa

A Xunta impulsa varios convenios para manter o sector da minaría a flote

Economía e Medio Ambiente tentarán recolocar os desempregados na recuperación ambiental. Industria fomentará proxectos de modernización.

Redacción - 19:00 18/09/2008
Imaxe dunha mina de lousa

Imaxe dunha mina de lousa

As consellarías de Economía e de Medio Ambiente acordaron esta quinta feira coa Asociación Galega de Louseiros estudar a posibilidade de que os traballadores que queden sen traballo pola crise do sector se dediquen á recuperación ambiental das explotacións cando estas estean esgotadas.

Tamén, o Consello da Xunta desta semana aprobou un acordo entre a Consellaría de Industria e diferentes asociacións relacionadas coa minaría "para fomentar actividades, proxectos e actuacións que impulsen e eleven a cultura mineira ou contribúan á dinamización e modernización do sector".

Estas son as principais medidas pactadas pola Administración con representantes dos empresarios do sector, que agrupa a tres mil traballadores en 60 empresas, algunhas en en perigo de creba ou con serias dificultades.

ERE en Ferlosa
Neste senso, a delegación da Consellaría de Traballo en Lugo autorizou esta mesma quinta feira o expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola dirección da empresa de lousa Ferlosa, logo de ser acordado cos representantes sindicais o 10 de setembro.

A suspensión dos contratos aféctalles a 47 traballadores desta empresa, situada no Concello de Quiroga. Dez permanecerán en situación de desemprego durante seis meses, e os 37 restantes permanecerán no paro repartidos en dúas quendas de tres meses.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: