Gonzalo Durán defendeu o labor da Policía Local criticou duramente o das forzas de seguridade no conflito cos bateeiros.
O conflito que protagonizaron o mércores bateeiros e antidisturbios no porto de Vilanova de Arousa segue a ter consecuencias. O alcalde da vila, o popular Gonzalo Durán, criticou duramente o labor das forzas de seguridade e, concretamente, o da subdelegación do goberno español en Pontevedra, que afirmara que a Policía Local non estivera no lugar.
En declaracións á Radio Galega, Durán perdeu os nervios no momento de defender o labor do corpo municipal e saíronlle cualificativos como "inepto", "inútil mentireiro" e outros máis propios de épocas pasadas, como "maldita cuadrilla de roxos de merda".