Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MEDIDAS EXTRAORDINARIAS

Os principais bancos centrais anuncian medidas coordinadas contra a crise

Planean novas inxeccións de capital que salven os bancos privados da creba.

Redacción - 09:50 18/09/2008

A Reserva Federal de EUA, o Banco Central Europeo, o Banco de Xapón, o Banco de Inglaterra e o Banco Nacional Suizo anunciaron “medidas coordinadas” para facerlle fronte á falta de liquidez nos mercados.

Estas inxeccións de capital buscan reanimar a numerosos bancos privados con graves problemas de liquidez. A desconfianza nos mercados fai que as entidades privadas non consigan quen lles preste cartos, polo que se xustifica a intervención dos bancos centrais.

Mentres as bolsas europeas abriron este xoves con lixeiras subas, invertindo as malas tendencias dos mercos asiáticos e de Wall Street que deixaron o mércores perdas de máis de catro puntos.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: