Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TURISMO

O New York Times volve visitar Galiza, desta volta no tren de vía estreita

O xornalista Andrew Ferren valora o encanto do ferrocarril de proximidade na súa viaxe polo norte da Península Ibérica.

Redacción - 19:30 17/09/2008
Vista panorámica de Viveiro / Concello de Viveiro

Vista panorámica de Viveiro / Concello de Viveiro

Polo que se ve, os xornalistas do New York Times estanse a afeccionar cada vez máis a visitar a nosa terra. Este domingo publicouse unha reportaxe de Andrew Ferren, que percorreu no tren de vía estreita (o coñecido FEVE) o norte da Península Ibérica.

A pesar de que dende aquí os estreitos camiños de ferro se vexan como algo lento, incómodo e con moitas paradas, o certo é que para un visitante chegado de fóra poden resultar un percorrido turístico e un xeito de coñecer o país dun xeito diferente. De feito, Ferren defende o vello tren fronte ao moderno AVE.

O autor do texto salienta que é a liña das súas características máis longa de Europa. A súa viaxe comeza en Ferrol, onde viña de visitar os campionatos internacionais de surf. Tamén amosa a súa sorpresa, ademais da tan estadounidense admiración polas vilas de máis de mil anos de antigüidade, polo dominio do eucalipto, que xustifica pola deforestación causada pola construción de barcos para a Armada Española.

O xornalista aproveita para facer unha para en Viveiro, onde xanta no restaurante O Muro. Alí degusta o albariño e o "pulpo a la gallega". O percorrido continúa por Asturias e Cantabria até o seu remate en Euskadi.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: