Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Perda do 4,5%

O Ibex cae ao seu nivel máis baixo dende 2006

A quebra de Lehman Brothers arrastra os mercados europeos. O selectivo español sofre o cuarto maior descenso do ano.

Redacción / Europa Press - 19:15 15/09/2008

O Ibex 35 pechou a sesión cunha caída do 4,5%, a cuarta maior do ano, que situou ao selectivo español en niveis que non alcanzaba dende o 16 de xuño de 2006, arrastrado polo descenso da maioría do resto de valores, en especial, a banca, afectada pola quebra de Lehman Brothers.

O Ibex situouse en 10.899 puntos, mentres o Indice Xeral da Bolsa de Madrid -onde cotizan as empresas galegas- deixou un 4,42% e colocouse na cota das 1.173,19 unidades. Todas as Bolsas europeas pecharon con importantes caídas, principalmente no sector financeiro.

En concreto, Londres perdeu un 3,9%, seguida de París (-3,78%), Milán (-3,1%) e Francfort (-2,74%). Wall Street, pola súa banda, que abriu a sesión con descensos, aguantaba e ao peche dos mercados bolsistas europeos sufría un recorte do 2%.

No sector da banca, o maior descenso correspondeu a Santander (-6,88%), seguido de BBVA (-6,80%), Bankinter (-2,90%), Banesto (-2,86%), Banco Sabadell (-1,85%) e Banco Popular (-0,83%).

O resto das principais caídas corresponderon a Técnicas Reunidas (-7,96%), Repsol YPF (-7,45%), OHL (-6,95%), Mapfre (-6,54%), BME (-6,02%), Ferrovial (-5,41%) e Iberdrola (-4,64%). Telefónica, pola súa banda, baixou un 3,33%. Iberia (1,45%) e REC (0,98%) subiron. Iberdrola Renovables terminou plana.

Os expertos cren que os mercados se viron afectados polo medo a un posíbel alongamento da crise crediticia e á posibilidade de que outros bancos se vexan incapaces de facer fronte á súa situación financeira.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: