A penas dous anos despois do seu éstreno, o Windows Vista está a piques de ser relevado. Microsoft podería lanzar o Windows 7 a principios do inverno.
O Windows 7 xa está preto do mercado
Segundo recolle o blog de Mary Jo Foley en Zdnet.com, a beta podería estar preparada para saír ao mercado antes do final deste ano.
Así as cousas, posiblemente o Windows 7 vería a luz a finais do 2009 ou principios de 2010, cando o Vista cumprise só tres anos de vida.
Pero mentres tanto, a compañía norteamericana continúa coa súa campaña de lavado de imaxe do Windows Vista, e xa lanzaron o segundo capítulo de anuncios protagonizados polo propio Bill Gates e o humorista Jerry Seinfeld.
FWWWRANDO