En vista das críticas vertidas sobre o seu sistema operativo, Microsoft decidiu inverter 210 millóns de dólares nunha campaña de publicidade para mellorar a súa imaxe.
Na busca de lavar a imaxe do Vista
Responde así á campaña lanzada por Apple baixo o lema “Mac contra PC”, na que se fai unha comparación entre un home pasado de moda que usa un PC e un home moito máis guapo que utiliza un Mac.
A campaña de Microsoft, creada pola axencia Crispin Poter + Bogusky, comezouse a difundir onte cun anuncio protagonizado polo cómico Jerry Seinfeld e o cofundadador da compañía, Bill Gates.
Microsoft decidiuse a lanzar esta campaña para facer fronte a tódalas críticas que vén sufrindo o Windows Vista desde que se lanzou en 2007.
Malia todo, as vendas de 180 millóns de licencias do Vista semellan non verse afectadas polos seus detractores, que o tachas de anticuado e difícil de usar, en comparación cos ordenadores de Apple.
FWWWRANDO