Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
sen saberse o por que

Un barco galego leva catro días retido en Mauritania

O 'Bahía de Portosanto' pertence a un armador de Marín e está en mans de militares. Denuncian a lentitude no traballo do Estado Español e a UE para liberalos.

Redacción - 13:25 13/09/2008
Localización de Mauritania, no norte de Africa

Localización de Mauritania, no norte de Africa

Hai catro días que o Bahía de Portosanto, un pesqueiro que anda á pescada, con base no porto de Las Palmas e pertencente a Santiago Iglesias Carballa, armador de Marín, permanece retido polos militares mauritanos en augas deste país africano.

A noticia transcendeu este sábado cando o capitán da embarcación, Juan José Iglesias, fillo do armador, denunciou a lentitude coa que se están desenvolvendo as negociacións entre o goberno español, a Unión Europea e o goberno de Mauritania para liberalos. Porén, en ningún momento se deron a coñecer as causas da retención, levada a cabo polas autoridades militares nunha inspección.

A bordo aínda permanecen os seis mariñeiros galegos que conforman a tripulación xunto con outros sete mauritanos, que xa están en terra. O barco pertence a unha empresa mixta galego-mauritana.

"Un secuestro en toda regra"
O capitán do pesqueiro denunciou, ademais, que a situación na que se atopan "é un secuestro en toda regra", posto que levan os catro días sen poder moverse, "cun militar a bordo". Iglesias tamén lamentou que, a pesar de que o goberno español sabe da súa situación "non informa de nada". "ninguén nos saca de aquí, só nos din que esteamos tranquilos", puntualizou, aínda que sinalando que lles está resultando difícil manter a calma.

Este mesmo barco pesqueiro xa fora noticia o pasado mes de decembro, cando turrou, de noite, contra un caiuco de pesca. Naquela ocasión foran detidos o capitán e o primeiro oficial do buque.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: