O desemprego medrou no último mes un 2,09 por cento. O aumento interanual foi do 8,65.
O paro subiu en Galiza no mes de agosto un 2,09 por cento, co que se superaron as 150 mil persoas desempregadas. Así, ao rematar o mes de agosto, segundo os datos do INEM, buscaban traballo no noso país 152.437 persoas, 3.119 máis ca no mes de xullo.
O aumento anual é aínda máis pronunciado. Con respecto a agosto de 2007, o paro subiu un 8,65 por cento, 12.138 persoas máis. Porén, é a cuarta comunidade autónoma onde menos medrou o desemprego interanual.
A nivel estatal, supéranse por primeira vez nos últimos dez anos os 2 millóns e medio de cidadáns sen emprego.