Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DO 1 AO 4 DE SETEMBRO

Kalandraka e Faktoría K presentan as súas obras na China

Xa no mes de xullo, os autores de Avós, Chema Heras e Rosa Osuna, promocionaron o libro no Xapón.

Redacción - 14:30 01/09/2008
Portada de 'Avós' en xaponés

Portada de 'Avós' en xaponés

Representantes das editoriais Kalandraka e Faktoría K participan do 1 ao 4 de setembro na Feira Internacional do Libro da China, que se desenvolve en Tianjin. As dúas editoras buscan reforzar a súa presenza no mercado asiático, tanto en exportación como en tradución de libros. De feito, Kalandraka xa o conseguiu con obras como 'Renato', 'Paxaros na cabeza' ou 'Avós', do galego Chema Heras.

A obra de Heras xa foi promocionada polo propio autor e mais pola ilustradora, Rosa Osuna, na Feria do Libro do Xapón, no mes de xullo. 'Avós' xa foi traducida a todas as linguas peninsulares, ao portugués do Brasil, ao inglés, ao chinés, ao coreano e ao xaponés. Heras e Osuna impartiron unha charla no Instituto Cervantes de Toquio e foron recibidos pola monxa budista e escritora Harumi Setouchi, que apoiou a tradución da obra ao xaponés.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: