Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ponencia no Congreso

Galiza é o quinto territorio do Estado con máis prostitución

Conta con oito mil mulleres traballando en locais de alterne e 543 que exercen na rúa, situándose moi por riba doutros lugares con máis poboación, como Cataluña.

Redacción - 13:40 01/09/2008

Segundo os expertos que veñen de comparecer no Congreso dos Deputados, no Estado Español existen unhas cen mil persoas adicándose á prostitución. Segundo os seus estudos, un 6% da poboación é usuaria habitual destes servizos, o que depara unha cifra de negocio que ascende a 50 millóns de euros cada día, é dicir, os españois gastan 50 millóns de euros diarios en acudir ás prostitutas.

Galiza é o quinto territorio do Estado con máis meretrices: contabilízanse oito mil locais de alterne e 543 prostitutas, o que a sitúa por diante doutros territorios que teñen máis poboación, como por exemplo Cataluña. Andalucía con 18.200 prostitutas, Valencia (14.200), Madrid (13.800) e Castela a Mancha son as que encabezan o listado, mentres que os territorios que máis carecen destes servizos son Estremadura (1.400), Euskadi (1.300) e Navarra (700).

Un negocio de 18 mil millóns de euros
Segundo os datos da asociación de propietarios de clubs de alterne, este sector move anualmente 18 mil millóns de euros, ao que hai que sumar os beneficios millonarios que obteñen outros negocios derivados, como o dos medios de comunicación, que cobran pola inserción de publicidade de "contactos". Segundo o informe presentado no Congreso, trátase do segundo negocio mundial máis lucrativo, despois do tráfico de armas e por diante do narcotráfico: a prostitución reporta unhas ganancias anuais de entre cinco e sete billóns de dólares e mobiliza a uns catro millóns de persoas en todo o mundo.

Perfil da prostitución en Galiza
Segundo os datos que manexa Alecrín, organización que traballa na incorporación destas mulleres na sociedade, o número de locais de alterne que hai en Galiza sitúase en torno aos 350. A tendencia na actualidade é a de reducir o seu número, porque o seu traballo se está a concentrar en grandes macroclubs. Así, mentres o número de locais se reduce, aumenta o de mulleres que exerce a prostitución.

A estas cifras hai que engadir os pisos nos que tamén se exerce a prostitución, dos que Alecrín ten contabilizados 300 aínda que sospeita que podería haber moitos máis. Dentro desta tipoloxía encadraríanse aqueles que tamén están xestionados polos proxenetas dos clubs, aproveitando que xa pagaban o aluguer das mulleres e conseguindo, deste xeito, unha maior impunidade legal. Nestes casos as mulleres están sometidas a unha explotación e un control moito máis férreo. Outra posibilidade é que as propias mulleres, unha vez vencida a súa débeda co proxeneta, continúen exercendo a prostitución temporalmente nun piso. Nestes casos a actividade é moi efémera, xa que por si soas non acadan rendibilidade económica, ao carecer dos contactos dos donos dos clubs e ao non ofrecer a mesma invisibilidade.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: