As persoas que empreguen copias non autorizadas verán como o seu fondo de pantalla desaparece cada hora.
Microsoft dá un paso máis para disuadir os usuarios que empreguen versións pirateadas de Windows XP. Na nova actualización do Windows Genuine Advantage (WGA), ferramenta que detecta versións copiadas ilegalmente do seu sistema operativo, aumentarán as incomodidades de cara ao usuario de software non autorizado.
Unha das novas molestias será que o fondo de escritorio se poñerá en negro cada hora, mentres se amosa permanentemente unha mensaxe que informa de que a copia de Windows que se está a executar non é lexítima.
Microsoft explica no blog do WGA que esta actualización aféctalles, principalmente, aos computadores que usen a versión máis pirateada de Windows, o XP Profesional. Agora só queda agardar canto tardarán os hackers en crear unha ferramenta que suprima estas molestias.