Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
"Delito contra a propiedade intelectual de Microsoft"

Condenan os donos dunha tenda viguesa por distribuír software pirata

Teranlle que pagar compensacións económicas á multinacional por distribuír equipos con copias non autorizadas de 'WindowsXP Profesional' e 'Microsoft Office'.

Redacción - 18:10 03/12/2007

Esta semana a Audiencia Provincial de Vigo fixo pública unha sentenza contra o representante legal da tenda JYC Rivegar SL por un delito continuado contra a propiedade intelectual. A multa que terán que pagar é de 4 euros ao día durante 12 meses, 6 meses de prisión, unha indemnización a Microsoft de 3.000 euros e o pago dos custos do proceso, que chegan aos 500 euros.

A sentenza reflicte que dende a empresa se estaban a distribuír equipos e material informático onde se preinstalaban os programas Windows XP Profesional e Microsoft Office sen custe adicional. Ademais, os programas non eran orixinais, senón copias que incorporaban as aplicacións Keygen, e os arquivos Reg e Txt, deseñados para inducir ao sistema a error e activar estes programas, polo que non precisaban das licenzas legais dos produtos.

As accións legais emprendidas por Microsoft contra os distribuidores de software sen licenza forman parte do Plan de Protección do Cliente de Windows que acaba de poñer en marcha a macrocompañía. Segundo os seus responsábeis, antes de emprender calquera denuncia, a compañía ponse en contacto co distribuidor para informalo sobre os riscos que entraña esta práctica ilegal e faille saber que está a cometer un delito contra a propiedade intelectual, castigado no Código Penal español.


3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: