Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza Non se Vende protestará diante da Xunta

Touriño disposto a bendicir o plan acuícola malia os avisos da propia Dirección Xeral de Urbanismo

O proxecto non pasou a comisión de secretarios, freado polo BNG, e o presidente teimaría este xoves en forzar a súa aprobación.

Redacción - 09:30 28/08/2008

Coa inminente convocatoria de adianto electoral na mesa, o presidente da Xunta estaría disposto a tensar ao máximo a relación cos socios no Goberno e forzar a aprobación do Plan Acuícola. Un paso que Emilio Pérez Touriño estaría disposto a dar malia as advertencias xurdidas desde a propia administración, xa que os técnicos de Política Territorial sinalaron a conveniencia de corrixir a ocupación de espazos protexidos que o proxecto implicaría.

Nos últimos días, o PPdeG aproveitou a situación para recuperar o seu anterior proxecto para o sector acuícola, un deseño que entre outros permitía arramplar con zonas de Rede Natura como a de Touriñán e onde os populares aseguraron que permitirán a construción da factoría prevista por Pescanova no caso de que recuperen o poder. Ao tempo, desde o PSdeG insistían en defender o actual documento asegurando que as principais alegacións xa foran solucionadas.

Galiza Non se Vende protesta fronte ás instalacións da Xunta
Veciños e ecoloxistas acoden a protestar contra o plan da Xunta en favor da que cualifican de industria do "peixe de plástico". "Galiza non é unha república bananeira", laiábanse este mércores desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), queixándose de que o Goberno teime en botar adiante un plan que contempla a ocupación de espazos protexidos.

Os ecoloxistas advirten de que empregarán todos os recursos posíbeis para impedir que se consume o que cualifican de "atentado contra os recursos naturais e a identidade do litoral galego". Denuncian que a Xunta poña nas mans de multinacionais "contaminantes e depredadoras" a costa de Galiza.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: