Un avión da compañía Spanair, que se dirixía dende Madrid ás Illas Canarias, estrelouse ao pouco de despegar.
Pouco despois das 14.30 horas un avión da compañía Spanair protagonizaba un accidente no aeroporto de Baraxas. Segundo Europa Press, faleceron arredor 140 persoas. O avión que se dirixía ás Palmas de Gran Canaria, incendiouse logo de estrelarse ao pouco de despegar.
O goberno español e a Comunidade de Madrid puxeron en marcha unha ampla operación para poder dar atención médica aos feridos e faciltarlle atención aos múltiples familiares que demandan información. A compañía aérea informou que a bordo da aeronave viaxaban 164 pasaxeiros e 9 empregados da empresa.
Teléfono de Spanair para a atención dos familiares dos pasaxeiros: 800 400 200
Comunicado de Spanair