Un arqueólogo enviado pola Delegación Provincial de Cultura aseguroulle a Mariña Patrimonio que existen, polo menos, 3 gravados rupestres na zona.
Un arqueólogo, enviado pola Delegación Provincial de Cultura, aseguroulle á Asociación Mariña Patrimonio que existen, polo menos, 3 gravados rupestres na zona. Agora só queda que sexan declarados Ben de Interese Cultural (BIC).
É un achado moi importante para a comarca da Mariña, que podería evitar que na zona, na Atalaia de San Cibrao (Concello de Cervo) se constrúan tres edificios sobre un xacemento importante, un gran castro, que se completa con este achado.
Malia que hai décadas que se sabe da súa existencia, ninguén se lembrara nunca de poñelo en valor. O Concello de Cervo ignorouno en 2006, cando concedeu varias as licenzas de obra. En xuño de 2007 entraron os primeiros camións da construtora na Atalaia, a pesar de que a Delegación Provincial de Cultura mandara, alertada polos veciños, un aviso para paralizar as obras. O Concello tardou catro días en reaxir, e nese tempo a construtora esbandallara unha parte do castro, que despois verteu nunha entulleira no veciño Concello de Xove. Agora as obras están paradas. Patrimonio ten abertas dilixencias contra o Concello de Cervo por non paralas a tempo, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e 60 veciños de San Cibrao presentaron un recurso no municipio para que non se constrúa sobre o castro.
Xa esta semana lles contabamos o que aí se atopou: