Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A outra cara das Olimpíadas

Dereitos humanos, a mellor medalla que podería gañar China

Escolma das iniciativas postas en marcha por diversas organizacións pro-dereitos humanos desde a designación de Beixín como sede dos Xogos.

Canal Solidario - 14:30 08/08/2008

Transcorreron seis anos desde a elección de China por parte do Comité Olímpico Internacional (COI), e as ONG coinciden en que esta decisión levou as autoridades chinesas a intensificar a represión para ofrecerlle ao mundo unha imaxe de estabilidade.

A poucas horas da cerimonia de inauguración, as campañas continúan para que os Xogos Olímpicos contribúan a que se cumpran os dereitos humanos:

Tibet
Avaaz.org aproveitou os XXOO para recoller sinaturas coa fin de que China respecte o pobo tibetano e abra un diálogo co Dalai Lama. Ti tamén podes participar asinando ou uníndote á iniciativa da Casa do Tibet de Barcelona que convida a participar nas protestas pacíficas en todas as cidades do mundo á hora na que se inauguran os Xogos.

Represións aos activistas de dereitos humanos
Amnistía Internacional leva recollidas 22.260 sinaturas para enviar unha carta ao primeiro ministro da República Popular de China coa fin de que terminen as detencións ilegais, a pena de morte, a censura e a represión aos activistas. Contribúe coa túa sinatura á mellora dos dereitos humanos durante e despois da cita olímpica.

Liberdade de información
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) leva a cabo unha campaña con demandas para loitar pola liberdade de información, e recorda que China encarcerou a 30 xornalistas e 50 internautas por expresar a súa opinión. Podes unirte á cibermanifestación de RSF o próximo 8 de agosto a través de www.rsfbeijing2008.org. Tamén podes asinar para pedir a excarceración de xornalistas e internautas.

Dereitos laborais
Xoga Limpo 2008 denuncia a explotación infantil e laboral á que someten aos traballadores as marcas deportivas. A campaña recorda que o COI concede licenzas para a elaboración do material dos Xogos a empresas que contratan menores e violan os dereitos laborais. Colabora coa iniciativa enviándolle un correo aos principais líderes da industria téxtil.

Máis información
Nesta web atoparás varios informes sobre dereitos humanos que elaborou Amnistía Internacional con motivo dos Xogos Olímpicos Beixín 2008

Campaña Roupa Limpa

Podes ler outras noticias relacionadas cos Xogos Olímpicos publicadas por Canal Solidario.org.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: