O concelleiro socialista na Coruña e presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, xa era membro do consello de administración desde hai dous anos.
Moreda foi elixido este mércores como novo vicepresidente primeiro do consello de administración de Caixa Galicia, a proposta do propio presidente, Mauro Varela. Ocupará o posto do arquitecto Andrés Fernández-Albalat, quen deixara recentemente o cargo "por razóns de idade".
Economista de profesión, Moreda ascende así á vicepresidencia dun consello de 21 membros do que formaba parte desde 2006. Desde aquel ano tamén, na vicepresidencia segunda do órgano da entidade financeira está Afonso Paz-Andrade.