Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECOÑECEMENTO AOS ARTESÁNS

Tradición e innovación artística no premio Antonio Fraguas

Unha ola de cerámica e unha caixoeira de madeira, obras gañadoras da oitava edición do certame.

Redacción - 09:30 31/07/2008

Agustín Vázquez Ferreiro, de Niñodeaguía (Ourense) e Francisco Pazos Martínez, de Meaño (Pontevedra). Estes foron os merecedores do Premio Antonio Fraguas que convoca a Deputación da Coruña. O primeiro presentou á categoría tradicional unha peza de cerámica baixo o nome de "ola de graxa" e o segundo fíxose co premio no apartado contemporáneo coa súa peza de madeira de castiñeiro "caixoeira con prótese". As dúas obras foron valoradas de entre un conxunto de 192 presentadas ao certame.
O xurado destacou no caso da cerámica de Agustín Vázquez que se trata dunha peza tradicional, en cerámica vidrar, do complexo oleiro da localidade ourensá de Niñodeaguía, un dos centros oleiros máis importantes de Galiza. Da obra en madeira de Francisco Pazos Martínez, subliñou a innovación que realza a dignidade do oficio artesán.
Recoñecemento e exposición Ambos os dous recibirán 4.500 Euros en concepto de premio. Ademais, a Deputación destinará outros 19.000 Euros á compra doutras vinte pezas das presentadas ao certame. Ademais, foron seleccionadas outras trinta obras para unha exposición que percorrerá diferentes concellos coruñeses co obxecto de promocionar a artesanía e difundir o quefacer dos artesáns galegos.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: