Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESÉNTASE UN LIBRO E UNHA EXPOSICIÓN NO SEU 101 ANIVERSARIO

Lembrando a Antonio Fraguas

Hai un ano, o 28 de decembro de 2005, cumpríase o centenario do nacemento do intelectual Antonio Fraguas Fraguas, falecido o 5 de novembro de 1999. Daquela, a fundación que leva o seu nome e o Museo do Pobo Galego decidiron editar un libro e organizar unha exposición sobre a súa vida. Ambos os dous proxectos sairán á luz o xoves, despois dunha ofrenda floral na súa honra no cemiterio compostelán de Boisaca. A presentación do volume e mais da mostra estará presidida pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo.

- 17:03 27/12/2006
Tags:

Os dous traballos, que contaron coa colaboración dun considerábel número de persoas, servirán para renderlle homenaxe a un home que entregou boa parte da súa vida a espallar o cariño pola terra. Nado en Insuela, no concello de Cotobade, Fraguas Fraguas foi nomeado fillo adoptivo de Compostela no ano 1989 e Cronista Xeral de Galicia en 1992. Ademais, recibiu, entre outros recoñecementos, a Medalla Castelao, o Premio Otero Pedrayo e o das Artes e das Letras de Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: