Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Ministerio de Traballo inhíbese

Acordo de sindicatos con Martinsa-Fadesa sobre o despido masivo

Segundo o pacto, os 234 traballadores que irán á rúa recibirán unha indemnización de 36 días por cada ano traballado, un chisco máis do ofrecido inicialmente.

Redacción - 18:00 29/07/2008

O principio de acordo inclúe unha indemnización para os afectados polo axuste de 36 días por cada ano traballado, cun tope máximo de 20 mensualidades, superior ás de 25 e 28 días por anos que a inmobiliaria ofreceu en anteriores reunións. Da indemnización total, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) encargarase de aboar 20 días por ano e a empresa os outros 16, segundo apuntan desde a UXT.

A inmobiliaria comprométese agora a garantir a estabilidade do equipo que se mantén, que despois do despedimento desas 234 persoas, o 26% do cadro, quedará en algo máis de 600 persoas. O acordo aínda deberá ser ratificado en asemblea polos traballadores e remitido ao Xulgado do Mercantil da Coruña, onde se tramita o concurso da sociedade. O xuíz titular deste xulgado é quen ten a competencia para pronunciarse sobre o axuste de equipo da inmobiliaria, dado o proceso concursal en que está inmersa.

Ao respecto, o Ministerio de Traballo anunciou que se inhibirá no proceso deste Expediente de Regulación de Emprego, argumentando que a Lei Concursal estabelece "competencia exclusiva" para o xuíz dun proceso concursal dende o mesmo momento en que unha empresa o solicita.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: