Os ciclistas Óscar Pereiro e Carlos Castaño, o ex ciclista e director deportivo do KGZ, Álvaro Pino e o futbolista Roberto Lago colaboran nun vídeo que presentou Amnistía Internacional.
A ONG Amnistía Internacional (AI) acaba de presentar o último informe elaborado antes das Olimpíadas de Beixín baixo o título "A conta atrás para os Xogos Olímpicos. Promesas incumpridas". Nel avalían a actuación das autoridades chinesas en catro áreas relativas aos valores básicos das Olimpíadas: a persecución dos activistas de dereitos humanos, a detención sen xuízo, a censura e a pena de morte.
O documento conclúe que os Dereitos Humanos "seguiron deteriorándose no período previo ás Olimpíadas" xa que, "durante a preparación dos Xogos, as autoridades chinesas detiveron, puxeron baixo arresto domiciliario e trasladaron á forza a persoas das que consideran que poden ameazar a imaxe de 'estabilidade' e 'harmonía' que queren presentar ao mundo", contan dende AI Vigo no seu blog.
Estragando o legado dos Xogos Olímpicos
Segundo o voceiro de AI en Galiza, Alberto Estévez, quen presentou as conclusións deste informe, os organizadores de Beixín 2008 están a "estragar o legado" dos Xogos Olímpicos. Estévez tamén salientou que, para que as cousas melloren na China durante as Olimpíadas, as autoridades chinesas deben "poñer en liberdade a todos os activistas pacíficos encarcerados, permitir aos xornalistas nacionais e estranxeiros que informen libremente e avanzar cara a eliminación da pena de morte".
A delegación estatal de AI pediulle, ademais, ao goberno español unha declaración pública, tal e como xa fixeron outros países como Francia ou Alemaña, que sirva como mensaxe de respecto dos Dereitos Humanos para as autoridades chinesas. Tamén continúan coa súa campaña para recoller sinaturas (na web www.actuaconamnistia.org) para pedir un legado positivo tras as Olimpíadas.
Pereiro, Pino, Castaño e Lago xuntos nun vídeo
Ademais, esta ONG tamén presentou un vídeo (a carón desta información), do que ofreceron un adianto en abril, no que os ciclistas Carlos Castaño e Óscar Pereiro, o ex ciclista e actual director deportivo do KGZ, Álvaro Pino e o futbolista Roberto Lago explican a situación na que se atopan os Dereitos Humanos no país asiático, ao tempo que lembran o que está escrito na Carta Olímpica sobre o obxectivo do olimpismo, que é "poñer o deporte ao servizo do desenvolvemento harmónico do home, co fin de favorecer o estabelecemento dunha sociedade pacífica e comprometida co mantemento da dignidade humana".
Despois de ler breves frases alusivas ao espírito das Olimpíadas (que se pode resumir en "crear un mundo mellor"), os deportistas preguntan "pero, sabes a que se xoga na China?", e responden con dato
O vídeo presentado pola delegación viguesa de AI, con Castaño, Pereiro, Lago e Pino
O mesmo vídeo, un bocado máis longo, e en castelán