Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OS CONCERTOS DO 24

O Festigal ponlle a música á vespera

Polo escenario do Campus Sur pasarán esta noite Nao, Lamatumbá e The (International) Noise Conspirancy.

Redacción - 11:30 24/07/2008

Presentacións de libros, proxeccións audiovisuais, debates, maxia..., e música para pechar a primeira xornada do Festigal e dar comezo a unha das noites máis longas do ano en Compostela. Abrirá o escenario Nao, que o pasado mes de decembro presentou o seu novo traballo, As palabras espidas. Seguirá o Electro Jazz de Caravan Palace, un trío francés que vén de obter o éxito no Festival Jazz de Donosti e que en setembro presentará o seu novo disco.

A temperatura elevarase con Lamatumbá, tamén presentando novas cancións, os temas que fan parte do seu álbum Paraugas Universal. Para rematar, os suecos The (International) Noise Conspiracy, con estética (nas súas camisolas) e ideoloxía moi vermellas, e que mesturando punk, pop e rock con letras moi políticas teñen acadado o éxito internacional. Se cadra non faltan nesta noite do 24 os versos do seu tema Communist Moon: Let it begin tonight we'll win/ Let's all share our dreams under a communist moon (Comecemos esta noite, gañaremos/ Partillemos os nosos soños baixo unha lúa comunista). Quizais a estes suecos radicalmente internacionalistas acáelles a coñecida frase de Enma Goldman 'Se non podo bailar, non é a miña revolución'.

Haberá música tamén pola tarde, no cafe concerto polo que pasarán o 24 Antonio Castillo Cuarteto Jazz, Roberto Sobrado, Jamila, Sonho, Mr. Dixie. E o 25 Gente d'alma portuguesa, Lili Berlín, Tino Baz e Tangatha.

Os concertos regresarán ao escenario grande do Festigal o 25 ás dez da noite, cunha serie de actuacións moito máis tranquilas cás do 24, e que servirán para pór punto final ao evento. Comezará o blues da Víctor Aneiros Band, ao que seguirá o folk de Quempallou. O prato forte da noite será o concerto de Pablo Milanés que ofrecerá unha das súas dúas únicas actuacións no país, despois do concerto da noite do 24 no Teatro Rosalía da Coruña. Pechará a noite Berrogüetto, que continúa presentando a súa nova formación, coa voz de Xabier Díaz substituíndo a Guadi Galego.

Non só música
Ademais, haberá mesas de debate, entre as que destaca a dedicada a analizar os vinte anos de historia de Galiza Nova (venres 25, ás seis da tarde), coa participación de Ana Pontón, Bieito Lobeira, Martiño Santos, Manuel Antelo, Rubén Cela, Xosé E. Vicente e Iria Aboi. Ou a presentación das obras máis recentes de Manuel Rivas, Camilo Nogueira, Chelo Suárez (gañadora da última edición do Narrativas Quentes), X. H. Rivadulla Corcón ou Xabier Paz.

Podes consultar aquí a programación completa do Festigal


4,67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



'Capitalism Stole My Virginity' de The (international) Noise Conspirancy

'Yo no te pido', por Pablo Milanés