Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa sobre consumo

Os galegos, entre os menos partidarios do estado en prohibir o alcol a menores

O barómetro do Ministerio de Sanidade sitúanos só por detrás dos vascos e dos aragoneses.

Redacción - 18:30 23/07/2008

A última edición do barómetro elaborado polo Ministerio de Sanidade amosa que Galiza é unha das comunidades autónomas que máis se opón á que se prohiba o consumo de alcol a menores, só por detrás de Euskadi e de Aragón. Porén, a nota media que lle dan os enquisados galegos á medida supera lixeiramente o 8 sobre 10.

A puntuación máis baixa é a que lle conceden os vascos, de 7,01, fronte ao 8 dos aragoneses e o 8,06 dos galegos, mentres que a media estatal está en 8,33. Con respecto ás outras preguntas formuladas, que se refiren ás medidas que se deben levar a cabo para cumprir a norma, a xente enquisada no país dálle un 8,71 ás sancións aos estabelecementos que lles vendan alcol a menores, un 8,23 á vixilancia de lugares públicos, un 8,16 a limitar a publicidade de alcol e só un 6,8 a sancionar os propios menores que consuman esa substancia.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: