 
O campión da rolda gala en 2006 caeu por un barranco cando descendía o Col de Agnel, mais non perdeu a consciencia en ningún momento.
O ciclista galego do Caisse d'Epangne e gañador do Tour de Francia en 2006, Óscar Pereiro, viuse na obriga de se retirar da rolda gala logo de sufrir unha caída grave. Durante a disputa da décimo quinta etapa, o de Mos caeu por un barranco cando descendía do Col de Agnel, nos Alpes, debido a chuvia que caeu sobre a estrada.
Pereiro non perdeu a consciencia en ningún momento e sofre, segundo confirmou o director do Tour, Christian Prudhomme, unha fractura de ombreiro. Logo de ser atendido polo médico da carreira foi evacuado en ambulancia. O galego, gañador do Tour 2006, era o décimo quinto da clasificación xeral a seis minutos e un segundo do líder Cadel Evans (Silence Lotto). 
Por outra banda, o ciclista australiano Simon Gerrans (Credit Agricole) logrou o triunfo de etapa. Franck Schleck (CSC) arrebatoulle o liderado a Evans.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto