Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Confirmando as boas expectativas

Pereiro entra de décimo na primeira etapa do Tour 2008

O primeiro foi o seu compañeiro de equipo, Alejandro Valverde. O de Mos está agardando a que cheguen as etapas de montaña para dar o mellor.

Redacción - 18:44 05/07/2008
Óscar Pereiro, vestido coa camisola do Caisse d'Epargne

Óscar Pereiro, vestido coa camisola do Caisse d'Epargne

Confirmando as boas expectativas que se tiñan, dentro do equipo e do ciclismo estatal, sobre o estado de forma do ciclista galego, Óscar Pereiro entrou hoxe de décimo na meta da primeira etapa do Tour 2008.

O máis rápido deste primeiro día en carreira foi o compañeiro de equipo de Pereiro, Alejandro Valverde (Caisse d'Epargne), que gañou a etapa de 197,5 quilómetros entre Brest e Plumelec, vestindo a primeira camisola de líder da 95º edición do Tour de Francia. A vitoria chegou no quilómetro final, nunha loita entre o murciano e o belga Philippe Gilbert (Francaise des Jeux). O francés Jerome Pineau foi terceiro.

Pereiro agarda á montaña
O ciclista galego dixo, unha vez terminada a etapa e en declaracións á Radio Galega, que se atopaba moi ben, e que espera estar "agochado até a montaña, porque creo que despois vou estar por diante".

Antes de viaxar cara Francia, Pereiro asegurou que desta volta quería estar á altura, porque tiña gana de subir ao podio e "facer algo bo este ano". Hai unha semana gañaba o bronce no Campionato Estatal na categoría de fondo.


1,8/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: