Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estreará a primeira na Coruña

Inditex anuncia para outubro unha "Tenda Ecoeficiente"

Será probada en dous estabelecementos, o galego e un outro en Atenas (Grecia).

Redacción - 14:00 15/07/2008
Unha tenda do grupo Inditex / Flickr: andor

Unha tenda do grupo Inditex / Flickr: andor

No transcurso da Xunta de Accionistas, que se desenvolveu a terza feira de mañá en Arteixo, a empresa galega Inditex revelou que vai probar en dous novos estabelecementos (un na Coruña e outro en Atenas) a Tenda Ecoeficiente.

Esta tenda sería unha primeira experiencia real que prevé reducir un 20 por cento as emisións de CO2 respecto ás de 2005. Se funciona ben a experiencia, Inditex trasladaríaa a todas as novas tendas que vaia abrindo, e instalándoa nas reformas que faga nos estabelecementos xa abertos. A tenda esta baseada no proxecto 'Tenda Sustentábel' do Plan Estratéxico Medioambiental (PEMA) 2007-2010.

Pablo Isla, vicepresidente e conselleiro delegado da empresa, presentoulle aos accionistas este formato e informou tamén da implantación dos estándares aos que chamaron To Wear Inditex (Vestir Inditex): Clear to Wear, Safe to Wear e Tested to Wear, que son certificados de calidade e de cumprimento do Código de Conduta, creados por este grupo tras incorporar varias normativas internacionais en materia de saúde, seguridade e compromiso cos traballadores.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: