Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MUÍÑOS DE VENTO

Industria di que hai marxe para a repotenciación dos actuais e tamén para a creación de novos parques

O conselleiro de Industria dixo confiar no rigor dos criterios para o despregue de parques, despois de que o titular de Medio Ambiente pedise primar a renovación das instalacións existentes.

Redacción - 09:00 15/07/2008

O conselleiro de Innovación e Industria defende a repotenciación dos actuais aeroxeneradores, e mesmo a súa redución, no canto de crear máis parques eólicos. Porén, Fernando Blanco non descarta a creación de máis parques, sempre que cumpran os requisitos previstos na lexislación. Neste sentido, apela ao decreto eólico, onde se recollen os criterios e condicións necesarias para a produción de enerxía.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente insiste en que debe primar a mellora das instalacións existentes fronte á creación doutras novas. Manuel Vázquez é partidario de ocupar o menor chan posible, se ben entende que o reparto eólico está condicionado polo futuro Plan Sectorial Eólico de Galiza.

A vindeira semana
Nuns días coñeceremos cales son as empresas que optarán ao concurso eólico para a repartición de 2.300 megavatios. Despois de que pechase o prazo o pasado 18 de xuño, Fernando Blanco adiantou que a vindeira semana se fará unha primeira avaliación daquelas empresas que poden ser admitidas, por cumpriren os requisitos.

Un total de 75 grupos empresarias presentáronse a este reparto eólico, cunhas demandas que duplican os megavatios que a Xunta de Galiza ten previsto adxudicar. De entre as solicitudes que transcenderon, destacan o proxecto liderado por catro cooperativas leiteiras ou a proposta feita polos empresarios Manuel Jove, Xacinto Rei e Epifanio Campo xunto co grupo Ence.


2,33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: