A empresa está a estudar a posibilidade de solicitar o concurso voluntario de acredores (antiga suspensión de pagamentos).
Martinsa adquiriu a galega Fadesa en 2007
A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) suspendeu este luns cautelarmente a cotización dos títulos de Martinsa-Fadesa, sen precisar cando regresará ao parqué, ao concorrer circunstancias que puidesen perturbar o normal desenvolvemento das operacións sobre o valor.
Esta decisión do supervisor tivo lugar unha hora despois da apertura, momento en que os títulos da compañía cotizaban 7,10 euros, cunha baixada do 26,8%.
Martinsa-Fadesa está a estudar a posibilidade de solicitar o concurso voluntario de acredores (antiga suspensión de pagamentos). A empresa pediu a pasada semana ampliar o prazo para a consecución dun crédito de 150 millóns de euros que o obriga a obter o contrato de refinanciamento da súa débeda.
A suspensión aféctalles aos títulos e a outros valores da compañía que poden dar dereito á súa subscrición, adquisición ou venda da entidade nas bolsas de valores e no sistema de Interconexión Bolseira español.