Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR PREVARICACIÓN

Anulada a sentenza de inhabilitación do rexedor de Dozón

A defensa considera que este fallo da Audiencia se debe a un tecnicismo e non teme un cambio na súa condena.

Redacción - 13:10 09/07/2008

Despois de que o pasado mes de febreiro o Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra condenase ao alcalde de Dozón, Adolfo Campos, a nove anos de inhabilitación ao entender que cometera un delito de prevaricación, agora coñecemos a resposta ao seu recurso. A Audiencia provincial de Pontevedra vén de estimar a súa apelación e declara a nulidade parcial da sentenza. Ademais, ordena o reenvío da causa novamente ao Xulgado do Penal para que dite unha nova resolución.

Dende o concello de Dozón, un comunicado informa de que esta anulación se debe á necesidade de que se razoen pormenorizadamente os feitos que puideran constituír a prevaricación, xa que non constan na sentenza as resolucións da alcaldía que puideran infrinxir a lei.

Mentres, a defensa asegura que este fallo da Audiencia nun supón nin que vaia a haber outro xuízo nin que o alcalde vaia quedar absolto. Di que máis ben é unha cuestión técnica e que o cambio que deberá facer agora o xulgado é ampliar a información sobre as causas que conlevaron a condena anterior.


1/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: