Queren facelo "antes das vacacións", segundo dixo o ministro de Industria, Turismo y Comercio, Miguel Sebastián.
O ministro de Industria, Miguel Sebastián
Sebastián explicou que estas medidas han afectar aos ámbitos comercial, residencial, do transporte e enerxético, e que nelas colaborarán seis Ministerios, facéndose todo antes do verán. No caso de que se chegase a reducir un 10 por cento a dependencia do petróleo, segundo o ministro de Industria, o aforro podería chegar aos 5.000 millóns de euros.
Na actualidade o Estado Español importa 435 millón de barrís de cru ao ano, e con este plan, segundo Sebastián, poderíase evitar a compra de entre 43 e 44 millóns de barrís.
En que vai consistir o plan
Fontes de Industria sinaláronlle a Europa Press que aínda non está definida a forma legal para articular o plan, pero que se vai facer todo nun prazo de dous anos, nos que se deberán cumprir os obxectivos de aforro previstos.
Para Sebastián, o obxectivo de aforrar o dez por cento das importacións de cru é "razoábel" e permitirá mellorar la eficiencia do Estado, un dos factores clave, segundo dixo, para elevar a competitividade.
Estoupar a burbulla especulativa
Miguel Sebastián dixo, ademais, que para mellorar o competitividade é preciso ofrecer unha "axeitada estrutura de prezos" no mercado enerxético, incentivando, ao tempo, o aforro do consumo por parte das industrias que son os responsábeis da demanda final do 31 por cento dos combustíbeis.
O ministro avogou tamén por facer unha "reforma no mercado de futuros" no que cotiza o petróleo, de tal xeito que se poida estoupar a burbulla especulativa. "É de interese global" acabar con este fenómeno", asegurou.